A Deputación financiou a contratación de 62 persoas no Barbanza a través do programa PEL

11 Xuño 2025

A Deputación da Coruña fixo balance do acadado en materia de emprego a través do programa PEL (liña de axudas PEL-Pemes Creación). Segundo se informa no balance, a institución provincial financiou este ano a contratación de 311 persoas en pequenas empresas, microempresas e negocios de persoas autónomas da provincia (62 persoas no Barbanza). A resolución suporá un investimento de preto de 3,5 millóns de euros destinado á creación de emprego nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

A Deputación explicou que estas axudas “permitirán ás entidades beneficiarias cubrir ata o 70% dos custos laborais durante un período máximo de 12 meses, incluíndo soldos, cotizacións á Seguridade Social e outros gastos sociais”.

Os contratos obxecto de subvención deberán ter unha duración mínima de seis meses, e o importe máximo da subvención por persoa contratada será de 15.000 euros no caso de contratos de xornada completa dun ano.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que este programa “é unha mostra clara do compromiso da Deputación coa dinamización económica e a xeración de emprego estable e de calidade nos concellos máis pequenos da provincia”. Engadiu tamén que “apostamos por un modelo de axudas que chegan directamente ás pemes e persoas autónomas, que crean postos de traballo e manteñen vivo o tecido económico e social do rural coruñés”.

Segundo os datos publicados, máis do 81% das empresas beneficiarias realizarán contratos indefinidos, e máis do 78% serán a xornada completa, o que confirma a orientación do programa cara á creación de emprego estable. A maior parte das concesións concéntranse nas comarcas de Santiago, con 97 axudas por un importe de 1.100.381,77 euros, e Bergantiños-Costa da Morte, con 69 concesións que suman 756.555,05 euros. Entre os concellos con maior número de solicitudes concedidas destacan Mazaricos (20), Ordes (14) e Cee (12).

Os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes agrupan o 38,91% das concesións, mentres que os de entre 2.001 e 4.000 suman un 26,37%. Por perfil das entidades beneficiarias, as persoas autónomas son o colectivo máis numeroso, con 177 solicitudes concedidas, o que representa o 56,91% do total. Tamén destaca a presenza feminina, xa que 118 das empresas beneficiarias están lideradas por mulleres ou teñen maioría de capital social feminino, o que supón case o 38% do total.

Por sectores, o terciario é o máis favorecido (60,77%), especialmente en hostalaría e comercio, seguido do secundario (19,61%), centrado en construción e reformas, e o primario (18,01%). Ademais, case o 94% das empresas beneficiarias acceden por primeira vez a esta liña de axudas, o que reflicte a súa capacidade para chegar a novas iniciativas emprendedoras no rural.

Nos seus nove anos de historia, o PEL suma máis de 120 millóns de euros de investimento, demostrando, en palabras da Deputación, “ser de gran axuda para concellos, pemes e autónomos e ofrecendo diferentes liñas de axuda que responden ás necesidades específicas de cada colectivo”.

No balance tamén se destacan estes datos: 7.700 empregos creados no sector público e privado, 2.700 pequenas empresas beneficiadas das axudas para investimentos e modernización, 4.000 autónomos que viron reducida a súa cota mensual e máis de 260 proxectos emprendedores xerados nos 11 centros cos que conta a Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación.

A listaxe completa das empresas beneficiarias pode consultarse no BOP, en formato PDF.

Datos no Barbanza

As axudas concedidas foron as seguintes: 4 en Boiro, 8 en Carnota, 2 en Lousame, 20 en Mazaricos, 11 en Muros, 3 en Noia, 7 en Outes, 4 na Pobra do Caramiñal, 1 en Porto do Son e 2 en Rianxo. O total de axudas no Barbanza é de 62, con 720.981,53 € investidos e unha porcentaxe do total concedido de case o 20%.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...