A Creba recibe 56.220,67 euros da Deputación da Coruña

19 Xuño 2025


A Asociación A Creba, entidade do Barbanza e e Muros e Noia centrada na inclusión e na desestigmatización das persoas que padecen doenzas e trastornos relacionados coa saúde mental, vén de comunicar que recibiu da Deputación de A Coruña dúas subvencións dun total de 56.220.67 euros, destinadas a “seguir mellorando tanto as súas instalacións como o mantemento do centro”.

Segundo explican dende a directiva da asociación, unha das axudas de 48.088.53 euros vai ser destinada a actuacións de mantemento do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que a entidade ten en Noia. A segunda, por valor de 8.132,14 euros será empregada na mellora do acondicionamento e equipamento das instalacións do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que a entidade ten en Ribeira.

Grazas a axudas como esta, en A Creba “podemos seguir dando pasos para mellorar a atención a persoas usuarias e así mellorar a súa calidade de vida”, explican.

Xornada de convivencia da comunidade da Creba celebrada o pasado verán

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.