A Consellería do Mar autoriza o domingo a captura da sardiña por mor da festa de San Xoán e aproba novos plans de xestión pesqueira

20 Xuño 2025

 A Administración autonómica tamén modificou o horario de pesca coa arte de racú e piobardeira autorizando a actividade desde 12.00 horas do domingo ata as 12.00 do luns 23 de xuño para a captura de sardiña con motivo da festividade de San Xoán. Establecese a veda do choco nas rías de Vigo e Pontevedra

A Consellería do Mar vén de aprobar, en consenso co sector pesqueiro, varios plans de xestión e medidas de conservación que afectan a distintas especies e artes de pesca nas rías galegas. Entre as máis destacadas figura a veda para o choco nas rías de Vigo e Pontevedra, que estará vixente entre o 21 de xullo e o 31 de outubro, tal como solicitara o propio sector e segundo recomendacións técnicas. Os informes científicos indican que a partir de xuño as capturas de exemplares xuvenís incrementan un 80%, polo que se adopta esta medida para garantir unha explotación sostible e responsable, tanto na pesca profesional como na recreativa.

Tamén se aprobou o plan experimental para a xestión da nécora e do camarón coa arte de nasa, que estará vixente desde o 1 de xullo de 2025 ata o 30 de xuño de 2027. Este plan mantén os períodos de veda establecidos no plan xeral de explotación marisqueira 2024-2026 e regula catro modalidades de pesca, incluíndo unha específica para as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra. Ademais, establece unha limitación do número de nasas a bordo segundo o tamaño da embarcación e a súa tripulación, cun máximo de 225 nasas nas máis pequenas e ata 550 nas maiores.

No caso da centola e o boi, o novo plan de xestión estará en vigor desde o 21 de xuño ata o inicio da veda de 2026, aínda por determinar. Este ano, a veda queda fixada da seguinte maneira:

  • Zonas A e B (do río Miño ata cabo de Estaca de Bares): do 21 de xuño ao 9 de novembro.
  • Zona C (de Estaca de Bares ao río Eo):
    • Centola: do 1 de xullo ao 30 de novembro.
    • Boi: do 27 de setembro ao 2 de novembro.

Tamén se fixa unha cota máxima diaria de centola de 35 kg por embarcación e día, con 35 kg adicionais por tripulante enrolado.

Por outra banda, modifícase o plan experimental de trasmallos para as rías de Vigo e Pontevedra, ampliando excepcionalmente o período autorizado ata o 18 de xullo, en resposta á solicitude da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra. Así mesmo, autorízase o plan de boliche para a captura de lura e especies acompañantes entre xullo e outubro.

En relación coa festividade de San Xoán, a Consellería tamén acordou autorizar ás embarcacións con porto base en Galicia e despachadas para as artes de racú e piobardeira a operar desde as 12:00 do domingo ata as 12:00 do luns 23 de xuño, co obxectivo de garantir o abastecemento de sardiña no mercado. Como medida compensatoria, o día 24 será de descanso. No operativo participarán 401 embarcacións do xeito, 19 do racú e 5 da piobardeira. O ano pasado, comercializáronse máis de 14.400 toneladas de sardiña, cun valor superior aos 16,5 millóns de euros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...