Impulsar a demanda e poñer en valor o comercio de proximidade, especialmente nos municipios rurais galegos e nos barrios sen asociación comercial é o obxectivo da campaña Merca no teu comercio, posta en marcha pola Xunta e a Federación Galega de Comercio. Na mañá de hoxe, mércores 11 de xuño, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentaban a dita campaña.

Impulsar a demanda e poñer en valor o comercio de proximidade, especialmente nos municipios rurais galegos e nos barrios sen asociación comercial é o obxectivo da campaña Merca no teu comercio, posta en marcha pola Xunta e a Federación Galega de Comercio. Na mañá de hoxe, mércores 11 de xuño, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentaban a dita campaña. No acto tamén estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez.
Indo á proposta, esta desenvolverase nas 4 provincias galegas con 10 campañas en cada unha delas, cunha duración de 15 días e rematando cunha entrega de premios. As accións de dinamización realizaranse entre o 15 de xuño e o 31 de outubro (ambos incluídos) e enmárcanse no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación e dinamización do sector.
Cómpre dicir que nesta edición, os consumidores de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra que queiran participar na iniciativa deberán rexistrar a súa compra a través da páxina web habilitada para a iniciativa. Tamén poderá ser rexistrada polo comerciante a través da mesma plataforma, duplicando deste xeito a participación do consumidor e incrementando as posibilidades de gañar unha das 20 tarxetas prepago por valor de 50 euros que se sortearán en cada unha das campañas. Engadir que estas tarxetas poden ser trocadas nos comercios minoristas das respectivas localidades até o 31 de decembro deste ano.
Para rematar, sinalar que no acto de presentación da campaña, o director xeral salientou que esta edición ten como novidade a extensión máis aló das grandes cidades e ademais contará con actos de entrega de premios en 40 localidades diferentes, chegando a máis de 60 asociacións de comerciantes e beneficiando á veciñanza e negocios de 80 municipios.




