A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Cabío-Lombiña (A Pobra)

05 Xuño 2025

A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Cabío-Lombiña da Pobra do Caramiñal. A concelleira de Turismo, Esfanía Ramos, acudiu este mércores 4 de xuño á entrega de distintivos, que tivo lugar na localidade de Ponteceso (A Coruña), e avanzou que este elemento colocarase “nas próximas semanas, coincidindo co inicio da tempada de verán”.

Como explica a edil, este recoñecemento outórgase en base “a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos”, e dá conta do “esforzo que realizamos desde o Concello para garantir que as praias da Pobra, un dos principais reclamos turísticos, estean nas mellores condicións posibles para recibir aos veciños e veciñas e visitantes”.

Neste sentido, Ramos apunta que a de Cabío-Lombiña destaca pola calidade das súas augas, situación e “polos servizos que ofrece”. Entre eles, dispón de paseo marítimo, zona de estacionamento, posto de salvamento, parque infantil, baños públicos, restaurantes e empresa de actividades náuticas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.