A Asociación Boirense de Empresas aposta pola accesibilidade e a proximidade na súa nova web

25 Xuño 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) estreou nesta recta final de xuño a súa nova páxina web, dispoñíbel en www.abe.gal, como colofón ao proceso de renovación da súa identidade visual e denominación. En palabras da entidade empresarial, “o novo portal representa un salto cualitativo tanto na imaxe como na funcionalidade, apostando por un deseño moderno, dinámico e adaptado ás necesidades actuais de empresas e persoas usuarias”.

A nova web integra os principais servizos da ABE cunha navegación sinxela e intuitiva. Entre as funcionalidades destacadas atópanse as seguintes: acceso directo ao programa Puntos ABE, con rexistro de compras, catálogo de premios e solicitude de canxes; a Área de socios, con buscador por nome ou sector e descarga de directorios en PDF personalizados; o Marketplace, que ofrece acceso ás tendas en liña dos comercios asociados, impulsando o consumo local a través da canle dixital; reserva online de espazos e aulas da ABE; e formularios para asociarse ou inscribirse nas actividades formativas da entidade de forma rápida e sen papeis.

Segundo explica a patronal boirense, un dos elementos máis innovadores do novo portal é a súa conexión directa co sistema de fidelización da ABE: “Esta integración permite unha xestión máis eficaz e accesíbel dos puntos, premios e campañas comerciais, reforzando unha das liñas estratéxicas máis ambiciosas da asociación”, sinalan dende a entidade, engadindo que se fixo un esforzo especial en reforzar o papel da ABE como “axente activa de información e dinamización local”. Isto acadarase a través das seguintes iniciativas en liña: publicación de novas actualizadas a diario sobre a actividade da asociación e o comercio local; galerías de imaxes dos eventos e campañas realizadas; es subscrición aberta ao boletín informativo, para “que calquera persoa interesada poida seguir a actualidade empresarial de Boiro”.

Segundo destacou o presidente da ABE, Daniel García, “con esta nova web damos un paso adiante no noso proceso de modernización e reafirmamos o compromiso coa dixitalización como ferramenta útil para o día a día das empresas e das persoas consumidoras”. Engadiu tamén que “este novo espazo dixital está pensado para facer máis doada a relación coa asociación, mellorar os servizos e seguir impulsando os negocios locais dende a proximidade e a innovación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.