Xoves 15, San Cidro, a estabilidade vai gañando terreo nas Rías Baixas

14 Maio 2025

A inestabilidade atmosférica comeza a remitir nas Rías Baixas tras varios días marcados pola presenza de chuvias e ceos cubertos. Segundo a previsión meteorolóxica, para as próximas horas espérase unha melloría xeral das condicións.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, favorecendo unha sensación térmica máis agradable ao longo do día, sobre todo na comarca (8/23 graos).

En canto ao vento, predominarán os ventos do nordés, frouxos no interior da provincia e moderados nas áreas costeiras. Esta situación contribuirá a unha maior sensación de frescor na liña do mar, especialmente durante as primeiras horas do día e ao solpor.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Martes 24, xornada de inestabilidade atmosférica e baixa térmica

Este martes agárdase a formación de nubes de evolución que darán lugar a chuvascos localmente treboentos, especialmente nas zonas do interior da Comunidade podendo proucirse chuvascos na comarca o mediodía. Nalgúns puntos, estes episodios de treboada poderían vir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.