Xa se poden solicitar as axudas do Concello de Rianxo para novas empresas e comercios

12 Maio 2025

O Concello de Rianxo informou da apertura do prazo para solicitar as axudas municipais á implantación de novas empresas e comercios no termo municipal e a súa convocatoria para o ano 2025. Este novo programa de subvencións impulsado polo Executivo local e dotado con 10.000€, busca seguir creando emprego e favorecer a apertura de novos establecementos comerciais no municipio subvencionando parte dos gastos da súa posta en funcionamento.

“Esta iniciativa, xunto con outras que xa se executaron, diríxense a favorecer a apertura de novos establecementos comercias no noso municipio coa finalidade de dinamizar a nosa pequena e mediana economía”, destacou recentemente o alcalde Julián Bustelo, engadindo que “cada novo establecemento que abre supón un chanzo máis no camiño cara a recuperación do dinamismo comercial do noso pobo”. O rexedor tamén puxo en valor tamén o feito de que no ano 2024 Rianxo freara a perda de empresas do sector do comercio e da hostalaría. Máis información no boletín da Deputación do 9 de maio, o BOP.

Como dixemos, o importe máximo desta convocatoria é de 10.000 €.

Serán obxecto de subvención os seguintes gastos: gastos de constitución, obras de acondicionamento do local, existencias iniciais de mercadorías, gastos de alugueiro do local, vehículo industrial, aplicación informáticas equipos informáticos; primas e seguros, subministros e gastos correntes e dereitos de propiedade industrial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.