Unha persoa falecida e outra ferida nun accidente de tráfico no lugar de Viro, no concello de Outes

01 Maio 2025

O Parque Provincial de Boiro interveu, na mañá deste xoves 1 de maio, nun accidente de tráfico que se produciu en Outes e no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida. O persoal do parque recibiu, ás 06.08 horas, un aviso no que se informaba da saída de vía dun vehículo no lugar de Viro, á altura do número 30, no concello de Outes. Segundo a información proporcionada, o coche chocara contra unha vivenda da zona e as persoas que viaxaban no mesmo non respondían. 

Imaxes do Parque Provincial de Boiro (Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento)

Á súa chegada ao lugar, o acompañante que viaxaba no automóbil estaba xa sendo atendido por unha das ambulancias localizadas no punto. Pola súa parte, os bombeiros procederon a realizar a excarceración do condutor xunto ao GES de Noia. Para iso, retiraron a porta e realizaron a extracción do condutor, certificando finalmente o seu falecemento. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...