“Un proxecto de lei que retrotrae a finais dos anos 50” – Antón Luaces

07 Maio 2025

Sei que o efecto non vai ser o mesmo, máis o certo é que para os do meu tempo, falar de redución da xornada laboral hoxe en día non vai ser o mesmo que ter constatado como os nosos pais coñecían os efectos de xantar e cear antes (canda o resto da familia) e descansar amais dos días festivos recoñecidos polo Goberno e/ou a igrexa, o sábado pasaba a ser medio día festivo para, desde vai anos, ser un día máis de descanso xunto co domingo. Pero o caso é que o Consello de Ministros celebrado este martes é un primeiro paso polo que a xornada laboral da ese paso arelado polo que se converte oficialmente en 37,5 horas após ter sido durante anos de 48.

Diversos factores sociais, políticos e económicos marcaron as condicións de vida dos traballadores, especialmente en España e, moi en concreto, en Galicia.

A vindicación -convertida en máxima aspiración- de traballar menos horas para vivir mellor ten unha xustificación evidente. A loita polos dereitos laborais sempre procuraron reducir o tempo de traballo para chegar a facer realidade o soño de conciliar este coa vida persoal/familiar. É a historia pura do home que para moitos dos “da miña quinta” comezou a finais dos anos 50, principios dos 60. E agora imos – xa como xubilados- das 40 horas semanais á xornada de 37,5 horas á semana. Co hándicap de que esta é a primeira vez que en España se reduce a xornada mantendo o mesmo salario após tensas negociacións entre o Ministerio de Traballo, os sindicatos a unha patronal que, finalmente, non aceptou o acordo que os dous primeiros lle propuñan. 

E hai historia: no ano 1593, un edicto promulgado por Felipe II, estableceu a xornada laboral de 8 horas, e esta segue a ser un referente importante na lexislación laboral en todo o mundo. 

A principios do século XX aínda había em España a xornada de traballo de 12 horas ao día e 6 días á semana. Só se descansaba o domingo. E a Lei da Xornada de Traballo de 1919 puxo remate a tal estado de cousas.

A chegada da democracia en 1978 instaurou a xornada laboral de 40 horas. A xornada de 8 horas ao día e 40 horas semanais non chegou ata que España entrou na Unión Europea.

A evolución sinalada ten en España unha constante referencia de loita entre as persoas traballadoras e os seus empregadores na percura dun equilibrio xusto entre o traballo e o descanso.

As folgas e protestas dos séculos XIX e XX sinalaron, con tensións e enfrontamentos non exentos de violencia física, a consecución da redución de xornada.  Foi o motor da posta en marcha dunha engrenaxe que houbo que poñer a punto. Hoxe pode dicirse que o Goberno deu luz verde á rebaixa da xornada laboral, quedando fixada esta en 37,5 horas semanais e sen data concreta para a súa vixencia.

Outros artigos

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

+

“A esperanza” – José Manuel Pena

O sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.