Un milleiro de persoas celebraron as Letras en Aguiño da man da Asociación Francisco Lorenzo Mariño

18 Maio 2025

No marco do Maio Cultural de Aguiño organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño, con sede en Aguiño, celebrouse dentro e fóra do Conservatorio da parroquia o Día das Letras Galegas dende as 16:30 ata as 21 h.

Desenvolveuse unha ampla axenda de actividades para que participasen e se implicasen veciñas e veciños de todas as idades: houbo inchábeis, música, xogos tradicionais, visita de mascotas animadas, xornada de debuxo infantil alusiva ao día das Letras, auga e refrescos gratuítos para os asistentes, etc.

Preto dun milleiro de persoas acudiron ás actividades ao longo da tarde (de 16:30 a 21 h), na súa maioría nenas e nenos de todas as idades. Recibiron un agasallo que consistiu nunha mochila serigrafada cun motivo alusivo ás cantareiras co logo da asociación e uns caramelos.

Tamén se celebrou un sorteo de 10 lotes de libros en galego entre todos os participantes na xornada de debuxo. O sorteo realizouse ao final das actividades por parte do vicepresidente da entidade, Unai González Suárez acompañado de toda a directiva participou do evento con distintas tarefas, Moncha, Pepita, José Luis, Sara, Teruca, Carmencita, Pili, Rosa, Sara e Maria Dolores.

Ás 19 h comezou a actuación das cantareiras infantís e xuvenís de Bailadela de Ribeira e despois das cantareiras As Sete Linguas da AFLM de Aguiño.

Rematouse co espectáculo de malabares de Kote, Cirkote, que con lume, aros, diábolo, bolas, paus, etc e moito humor fixo as delicias do público asistente.

As actividades contaron en todo momento con ambientación musical de cantareiras en galego e celebrouse dentro e fora do conservatorio de Aguiño.

Foi organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño en colaboración co Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña e as empresas Conresa, Digar de artes, farmacia Mariño de Aguiño, Fripusa, Fabri barbanza e Combustibles Puebla.

Outros artigos

Ribeira con Orgullo terá como pregoeiro ao veciño Rafa Moraña

O Concello de Ribeira presentou este martes os actos programados para celebrar o Día do Orgullo, este sábado 28 de xuño. Na cita cos medios informativos participaron a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla; a asesora legal do CIM (Centro de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.