Un condutor baixo os efectos do alcol arremete contra a terraza dun bar en Ribeira, en plena rúa peonil

02 Maio 2025

Axentes de garda da Policía Local de Ribeira procederon na tarde deste xoves 1 de maio á instrución de dilixencias penais por un suposto delito contra a seguridade viaria. Os feitos aconteceron na céntrica rúa peonil Campo de Marte, cando o condutor dun vehículo todoterreo arremeteu contra a terraza dun establecemento hostaleiro (sen que se tivesen que rexistrar danos persoais entre os clientes) para abrirse paso, ao tempo que esnaquizou unha papeleira do mobiliario urbano.

Os axentes explicaron que a colaboración da veciñanza resultou fundamental unha vez máis. Así, grazas ás testemuñas foi posíbel localizar a este condutor na parroquia de Aguiño e sometelo ás probas de alcolemia, nas que arroxou un resultado superior aos 0.60 mlg/l taxa obxectiva do delito e deste xeito presentalo diante da Autoridade Xudicial.

Ademais os axentes contaron coa colaboración dunha parella de motoristas da Agrupacion de Trafico, aos que con anterioridade este mesmo condutor os eludira nun control no municipio de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...