Todo listo para o Concerto das Letras Galegas 2025 (en Carballo este venres, con retransmisión en streaming na Rede)

15 Maio 2025

O Pazo da Cultura de Carballo acolle este venres (ás 20.30 horas) a 15ª edición do Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega (CCG). Comparsas, xotas, pasodobres e outros cantos tradicionais conforman un programa que homenaxea ás cantareiras e á literatura popular oral. En palabras do CCG, será “unha ocasión única xa que o concerto correo a cargo de once artistas que conforman Do Bertau, unha formación efémera creada expresamente para este concerto e que fusionará o legado tradicional cunha envoltura contemporánea”. As entradas están esgotadas pero poderá seguirse en directo en streaming desde a web do CCG e o Día das Letras Galegas na G2 (AGalega.gal).

O programa do Concerto das Letras Galegas está deseñado para “facer un percorrido musical por toda a xeografía galega”. Arranca coa Comparsa de Mens, en Ordes, recuperada a través das gravacións clásicas feitas primeiro por Alan Lomax cando chegou a Galicia nos anos 50 enviado pola discográfica Columbia e, dúas décadas despois, pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth. Seguiralle unha xota de Maruxa das Cortellas, unha das máis sobranceiras informantes en Galicia do toque de pandeiro. No programa destaca tamén o canto de Nadal de Rosa e Adolfina Casás, un dos poucos cantos deste tipo que se conservan en galego.

Tamén se escoitaran as Mulleres de Gharghamala, un grupo de cantadoras e tocadoras de Mondariz que seguen mantendo viva a chama da tradición. Do sur da provincia de Pontevedra pasarase ao sur de Ourense para escoitar o canto de canteiros de Faramontaos, que nesta ocasión soará na voz de Tanea.

Na recta final do concerto escoitaranse dúas pezas de Cervantes, cantadas a capela nas voces das tres integrantes de Bouba Pandeireteiras sen o acompañamento da banda. Poñen o ramo ao concerto dúas pezas de Santa Mariña, unha xota e unha muiñeira recollidas por Dorothé Schubarth ás veciñas camariñás.

A formación Do Bertau

Edicións anteriores

O Concerto das Letras Galegas é unha proposta deseñada polo CCG para abrir a festividade do día grande das letras. Cada ano conta coa colaboración do concello onde se celebra. Comezou en 2011 en Santiago de Compostela, cunha edición en que se recuperaba a figura de Lois Pereiro. Repetiu nesta cidade en 2013 con Roberto Vidal Bolaño e en 2019 con Antonio Fraguas. Pontevedra acolleu este concerto en tres ocasións: a primeira en 2012 para lembrar a Valentín Paz-Andrade, a segunda en 2015 en homenaxe a Filgueira Valverde e a última en 2018 coa conmemoración de María Victoria Moreno. O concerto tivo lugar en Lugo no ano 2014 cunha proposta sobre Díaz Castro e os poetas lucenses e en Ourense en 2017 coa homenaxe á figura de Carlos Casares. A décima edición ía ter lugar en Ferrol, pero a pandemia obrigou a mudar os plans iniciais e o concerto emitiuse en directo en streaming desde o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Vigo acolleu a homenaxe a Xela Arias, en 2021 e en 2023 a Francisco Fernández del Riego coa Real Filharmonía de Galicia. En 2022 o Concerto das Letras Galegas celebrouse no Barco de Valdeorras, con Florencio Delgado Gurriarán como protagonista. A Coruña acolleu en 2016 a homenaxe a Manuel María, a cargo de Milladoiro e en 2025 cun programa dedicado a Luísa Villalta.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.