“Tocar o ceo coas xemas dos dedos”. Antón Luaces

18 Maio 2025

Enzo Maiorca, mergullou fronte á costa de Siracusa, xunto coa súa filla Rossana á que deixara no bote cando, ao se dar volta, viu un golfiño que, supuxo, non estaba alí para xogar senón para tentar comunicar algo.

O golfiño sobmerxéuse nas profundidades mariñas e Enzo seguíuno. A uns quince metros de profundidade, descubriu outro golfiño que se quedara  atrapado nunha rede de pesca abandonada e que loitaba pola súa vida. 

Enzo chamou á súa filla para que preparara un coitelo de mergullo e, cortando a rede, rápidamente acadou liberar ao animal que estaba esgotado e a piques de afogar. No intre de ser liberado, o animaliño emitiu unha especie de berro case que humano.

Prestáronlle axuda para sair á superficie e comprobaron que era unha femia preñada. Moi pouco dempois, pariu unha crianza mentres o outro golfiño , o pai do recén nado, nadaba arredor deles ata achegarse a Enzo e tocar a este nunha meixela, nun xesto que moi ben podería ser interpretado coma un bico de agradecemento e desapareceu coa súa familia no mar.    

Ben sei que este podería ser un dos milleiros de relatos que circulan por moitos lugares do mundo que serven para poñer en evidencia un certo raciocinio que algunhas especies animais expresan na súa directa ou indirecta relación cos seres humanos. De xeito especial os cans, os cabalos e, específicamente, os golfiños, empregados tamén para a guerra e que, ao mesmo tempo, serven coma exemplo do que o home non debe facer en caso de se producir -esta non debería estar presente nos nosos días- baixo ningunha desculpa.

Porque, como dicía onte, que beneficio tira a Humanidade de situacións como as de Gaza, Ucraína, Iemen, etc., nas que os mortos se contan a milleiros cando che queda a experiencia de Enzo Maiorca, en augas de Suracusa, quen por un acto de lesa humanidade axudou a parir a un golfiño e recibiu do pai deste un bico garimoso por lle ter axudado á femia a parir cando os homes nos matamos por acadar que Trump convirta Gaza nun resort no que os estadounidenses invistan dólares en troques de axudar a que millóns de palestinos vivan coma persoas nunha terra que nunca foi norteamericana nen israelí e que na actualidade ten máis mortos por metro cadrado dos que nunca na historia esa terra contabilizara.

 Que mal feito, que mal repartido está o mundo.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.