“Superado o Brexit, Reino Unido e UE danse un prazo de 12 anos para reanudar a pesca comunitaria en augas británicas” – Antón Luaces

21 Maio 2025

Os británicos percuran novos acordos pesqueiros coa UE e a frota pesqueira comunitaria acepta a bilateralidade no primeiro cumio entre ambas as partes. Este reencontro representa o acceso garantido das frotas aos caladoiros respectivos ao menos ata xuño do ano 2038. Deste xeito aplícase o establecido no Acordo de Retirada que regulou o Brexit. 

A medida, intensamente reclamada por Francia e España, crea un evidente alivio a distintas modalidades de pesca dos barcos europeos, especialmente os galegos, en boa medida prexudicados pola saída de Gran Bretaña do seo da comunidade europea. Mais ao mesmo tempo, outorga un respiro á propia frota británica, moi dependente das augas comunitarias, nomeadamente das da canle da Mancha.

É, polo tanto, un pacto de acceso recíproco ás respectivas augas a partir de xuño de 2026 que abre un novo capítulo nas relacións bilaterais, após cinco anos da ruptura dos vínculos entre os 28, hoxe en día 27.  

Garantir o acceso da frota comunitaria permite, obviamente, aos europeos faenar nos caladoiros de Reino Unido. O paso que da agora o Consello da UE aumenta de cinco a doce anos máis o acceso aos caladoiros británicos para 40 barcos galegos moi necesitados de solucións deste tipo. A pesca foi durante moito tempo, un punto de permanente fricción entre as autoridades pesqueiras británicas e os pesqueiros galegos acusados estes de faenaren ilegalmente nas súas augas, mentres que os barcos galegos culpaban ás gardacostas británicas de exhaustivas inspeccións non sempre debidamente xustificadas e con resultados moitas veces contraditorios dos que saían apresamentos e sancións que en moitas ocasións conduciron a retencións de semanas en porto e o pagamento de multas que os gardacostas non sempre xustificaron debidamente.

O acordo posqueiro acadado esta semana no primeiro cumio bilateral entre o Reino Unido e a UE após o Brexit,  tivo coma testemuños a Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea, e Keir Starmer, primeiro ministro do Reino Unido.  

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.