“Sen auga do Ulla, non hai macrocelulosa de Altri e Greenalia en Palas de Rei”. Antón Luaces

30 Maio 2025

A asociación ecoloxista ADEGA presentou este venres no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia 1.416 solicitudes de arquivo  do expediente de tramitación da concesión de augas do río Ulla para a macrocelulosa de Altri e Greenalia en Palas de Rei,  por incumprimento dos prazos legais de resolución. 

O rexistro tivo lugar no mesmo día no que se cumpriu un ano desde a data límite legal (30 de maio de 2024) no que Augas de Galicia debera ter arquivado o expediente de solicitude de concesión de Altri por ter superado o prazo máximo de resoluciòn, entedéndose desestimada. Malia ter transcorridos os 18 meses fixados como prazo polo Regulamento de Dominio Público Hidráulico para resolver os expedientes de concesión, Augas de Galicia persiste en manter en trámite o procedemento administrativo derivado da solicitude de Altri para a captación de 46.000 metros cúbicos de auga de río Ulla con destino ao uso industrial na macrocelulosa de Palas de Rei.    

Como consecuencia das irregularidades cometidas na tramitación da concesión de augas, milleiros de persoas e entidades galegas suscribiron a solicitude de arquivo do expediente de augas impulsada por ADEGA, moitas delas colaborando na recompilación  dos escritos dirixidos a Augas de Galicia.

 A concesión de augas é un dos trámites administrativos da factoría que aínda debe resolver a Xunta para autorizar a macrocelulosa de Greenalia e ten unha especial importancia para o proxecto porque o outorgamento da concesión resulta imprescindible para a viabilidade do mesmo: A auga é un elemento esencial no proceso industrial de fabricación de pasta de papel, básico esta no proxecto de Altri.

ADEGA, a Plataforma na Defensa da Ría de Arousa, a CIG  e os Grupos Vivos reunidos diante do rexistro da Xunta apelaron á cidadanía galega para que participe este domingo, 1 de xuño, na mobilización que baixo o lema “Nin Ence na Ría, nin Altri na Ulloa”, vai ter lugar o vindeiro domingo en Pontevedra.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.