Sábado 10, chuvias localmente fortes acompañadas de treboadas e sarabia.

09 Maio 2025

Este sábado permaneceremos baixo a influencia das baixas presións, o que traerá aire frío en altura e, consecuentemente, unha notable inestabilidade atmosférica. O ceo presentarase con intervalos de nubes e darase lugar a chuvascos que poderán ser localmente treboentos e vir acompañados de sarabia, sendo máis frecuentes e intensos durante a tarde.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso en comparación cos días anteriores (9/18 graos). Os ventos soprarán do norte-noroeste, sendo frouxos no interior e moderados na zona costeira.

Fontes meteorolóxicas sinalan que a inestabilidade podería continuar nos próximos días.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.