Ribeira rende homenaxe a Manuel Ayaso no segundo cabodano do seu pasamento

15 Maio 2025

No mediodía deste xoves 15 de maio celebrouse en Santa Uxía, a carón da escultura conmemorativa da praza do Concello un pequeno acto de recordo polo segundo aniversario do pasamento do pintor e fillo predilecto de Ribeira, Manuel Ayaso. O acto estivo presidido polo rexedor, Luís Pérez, os tenentes de alcalde, concelleiros e concelleiras da Corporación ribeirense xunto coa filla Mónica Ayaso.

Pérez Barral informou que estaba programado un acto conmemorativo en lembranza do fillo predilecto Manuel Ayaso, “un veciño moi querido no noso
concello”. O alcalde explicou que debido aos problemas de saúde que ten a súa viúva, Lucía, “decidimos cancelar ese evento pero non queríamos pasar a data do segundo aniversario do pasamento sen lembralo e sen que Ribeira lle rendese unha merecida e xusta homenaxe”.

Luís Pérez repasou a súa traxectoria internacional pola Península e rematando no seu fogar no que “deixou unha pegada potente no noso concello e súa paixón con tódalas manifestacións artísticas que se desenvolvían no noso concello”, sinalou. Barral rematou significando que “o seu legado perdurará no tempo e estará no recordo da veciñanza de Ribeira”.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.