Ribeira presenta a IV Andaina Solidaria Contra o Cancro

09 Maio 2025

O concelleiro de deportes, Xabier Vidal, e a presidenta da Asociación, María José Carreira presentaron este venres 9 de maio a cuarta edición
da Andaina Contra o Cancro organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Ribeira. A cita será o vindeiro 24 de maio; con saída e chegada ao Malecón de Ribeira ás 18.00 h cun percorrido de 5 Km.

O concelleiro de Deportes animou á veciñanza a participar e agradeceu á Asociación polo “seu traballo constante na recadación de fondos para esta
enfermidade”, o custo será de 5 euros para os adultos e 3 euros para nenos e nenas ata os 12 anos.

Pola súa banda, María José Carreira informou dos homenaxeados nesta cuarta edición, “que serán Álex Vidal e Juan Ramón Millares”. A presidenta puxo en valor o traballo destes deportistas.

O punto de venda será a sede da Asociación Española Contra o Cancro en Ribeira (rúa Estatuto no1) o luns, mércores e venres de 11:00 h a 13:00 h e os mércores pola tarde de 17:30 h a 19:30 h.

Tamén na Rede na ligazón específica habilitada sobre a Andaina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...