Ribeira honrará as redeiras polo Día Internacional da Muller do Mar

09 Maio 2025

O día 18 de maio celebrarase o Día Internacional da Muller no sector marítimo e Ribeira quere festexalo rendendo homenaxe ás mulleres que fixeron posíbel, co seu imprescindíbel traballo técnico dende terra (principalmente), o desenvolvemento pesqueiro e económico de toda a comarca: as redeiras.

O rexedor ribeirán, Luís Pérez xunto co concelleiro de Mar, Fernando Abraldes trasladáronse este venres 9 de maio a Aguiño, á nave das redeiras, para presentar os detalles do acto solemne de homenaxe previsto para o vindeiro 16 de maio, venres, na Sala Museo Municipal de Ribeira.

O concelleiro de Mar salientou que “no ano anterior se homenaxearon ás mariscadoras das tres confrarías e neste ano tócalles ás redeiras do concello que son nove e traballan nesta nave na que nos atopamos”. O concelleiro engadiu que as nove redeiras traballan “para sete cerqueiros que se atopan agora mesmo na campaña do bocarte no Cantábrico, agora están a centrarse no aparello da sardiña e do xurelo para cando os mariñeiros veñan da campaña do bocarte”.

Pérez Barral sinalou que “dende o Concello queremos promover esta homenaxe ás mulleres do mar porque elas teñen que ter un papel visíbel neste sector que é fundamental para a economía de Ribeira”. O rexedor falou de “reivindicar un sector feminizado que é do máis invisíbel da cadea mar-industria”. Barral, para finalizar, tendeu a man á consellería do Mar, “para que poidan ter unha condicións dignas de traballo, unhas instalacións optimizadas…, e tamén a Portos de Galicia para que os redeiros de Ribeira teñan a opción de trasladarse á antiga lonxa de Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.