Ribeira delimita novas zonas azuis en Rosalía de Castro para facilitar a carga e descarga e as compras

29 Maio 2025

O Concello de Ribeira vén de pintar e sinalizar novas zonas de estacionamento limitado (coñecidas como zonas azuis) na céntrica rúa Rosalía de Castro e co obxectivo de facilitar a carga e descarga por parte dos profesionais do transporte, así como as compras rápidas por parte da cidadanía nos negocios da zona.

A medida foi consensuada co tecido comercial da propia rúa a finais ano e responde tanto á necesidade de favorecer a actividade económica local como á vontade de mellorar a seguridade viaria. Neste sentido, o alcalde explicou que “o novo modelo tamén pretende reducir a velocidade de circulación dos vehículos, logo de queixas recorrentes da veciñanza polo exceso de velocidade nesta vía”.

Trátase, engadiu, “dunha actuación que presenta un carácter híbrido e busca compatibilizar o uso do vehículo privado para xestións puntuais coa preferencia peonil que caracteriza esta rúa, organizada como plataforma única”.

Así, as persoas condutoras poderán estacionar durante un máximo de 15 minutos entre as 08:00 e as 20:00 horas dentro das zonas debidamente delimitadas. Fóra deste horario e destes espazos, o estacionamento non estará permitido como viña sendo até agora.

Os traballos foron executados pola Brigada Municipal de Obras durante a mañá deste xoves 29 de maio e incluíron a colocación de sinalización vertical e o pintado horizontal das novas zonas habilitadas.

O Concello destaca que esta iniciativa busca “un uso máis racional e equilibrado do espazo público, promovendo unha mobilidade máis segura e accesíbel ao tempo que se apoia as demandas do comercio de proximidade”.

Dende o Consistorio lembran que a rúa Rosalía de Castro, ao ser unha plataforma única, dá prioridade ao tránsito peonil, polo que os vehículos deben ceder sempre o paso ás persoas peóns, evitar o uso de sinais acústicas e circular con especial precaución. “A convivencia e o respecto entre vehículo e peóns son fundamentais para unha boa convivencia”, engaden.

Outros artigos

Venres de transición nas Rías Baixas e Compostela

Ceo presentará nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e nubes de evolución Galicia encara este venres 8, San Caetano, baixo unha atmosfera pouco definida que deixará sentir os seus contrastes máis acusados no eixe que conecta a capital galega coa liña...

+

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.