Ribeira acollerá unha vixilia de 24 horas en apoio ao pobo palestino

21 Maio 2025

Esta mañá presentouse no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira a vixilia solidaria de 24 horas convocada polo colectivo Somos Refuxio do Barbanza, en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio que sofre baixo a ocupación israelí. Ao acto de presentación asistiron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, e membros do colectivo como Nela Abella, Manuel González, Sonia Cassau e Valentina de la Vega.

A vixilia terá lugar na Porta do Sol, desde as 16:00 horas do sábado 24 de maio ata as 16:00 do domingo 25. Durante ese tempo, desenvolverase un programa de actividades culturais e reivindicativas, con actuacións musicais, poesía, un micro aberto e espazos informativos.

Segundo explicou Manuel González, “imos montar tendas de campaña simulando un campamento e aí teremos diferentes actividades, unha mesa informativa, actuacións musicais voluntarias e micro aberto para quen queira participar”. Animou tamén á cidadanía a colaborar levando candeas, bandeiras ou carteis reivindicativos.

A concelleira de Cultura, Antía Alberte, agradeceu a iniciativa de Somos Refuxio e sinalou que “é necesario visibilizar a masacre que está sufrindo o pobo palestino”. O Concello de Ribeira colabora co evento mediante o apoio técnico e sonoro. A edil tamén destacou que as actuacións serán sinxelas e de carácter acústico, e solicitou que os músicos leven o seu propio equipamento.

Unha chamada á conciencia colectiva

O acto pretende ser un xeito simbólico de expresar que O Barbanza non esquece a crise humanitaria que vive Palestina. Desde hai máis dun ano, a poboación palestina sofre unha escalada de violencia sistemática, con bloqueos á axuda humanitaria, situacións denunciadas por múltiples organismos internacionais como crimes contra a humanidade.

O colectivo Somos Refuxio, creado en 2016 para apoiar ás vítimas da guerra en Siria, volve agora mobilizarse ante o conflito en Palestina.

Programa de actividades

Durante a vixilia, haberá:

  • Actuacións musicais de artistas como Bailadela, Barahúnda, Beíña, Boroa, Chamaquito Pistolas, Juan Sieira, Rubén Cores, Olga e Harpo Antonio, Latexo Percusión, Lau Panicanela, Os Barbansónicos, Suso Bello e Tonhito de Poi, entre outros.
  • Micro aberto para intervencións espontáneas, testemuños e poesía.
  • Espazo informativo sobre a situación actual en Palestina.

As actividades desenvolveranse principalmente entre as 18:00 e as 24:00 horas do sábado, e entre as 12:30 e as 14:00 do domingo.

A solidariedade non ten horario

O colectivo Somos Refuxio anima a toda a veciñanza a achegarse, aínda que sexa por uns minutos, para sumar forzas nun acto de solidariedade que busca manter viva a memoria e a denuncia social. A participación é libre, e convídase ao público a levar elementos simbólicos como candeas ou mensaxes de apoio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

Se echan de menos los contrapesos que actúen a tiempo con neutralidad y profesionalidad. No hay verdadero interés por acabar con la corrupción a pesar qué según datos, España tiene más órganos de control que cualquier país de la UE. Las escaramuzas que de vez en cundo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.