Rianxo organiza en agosto un Campamento Dixital para a rapazada de 9 a 12 anos

29 Maio 2025

O Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo organiza este verán unha nova edición do seu Campamento Dixital, dirixido a rapazada de 9 a 12 anos e coa finalidade de complementar a oferta local de actividades de conciliación familiar estival. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión tecnolóxica e impulsando a mellora dos seus coñecementos e habilitades en materia de seguridade informática e bo uso das redes e dos dispositivos.

Ao mesmo tempo, achéganselles nocións prácticas de utilidade que lles axuden a ter navegación seguras, útiles e proveitosas para a súa formación.
A actividade desenvolverase en dúas quendas, do 4 ao 14 de agosto ou do 18 ao 29 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 horas, no Auditorio de Rianxo.

O prazo de inscricións estará aberto ata o 30 de xuño ou ata esgotar prazas.

Quen precise máis datos ou facer inscricións pode visitar a web municipal.

Os detalles da actividade foron dados a coñecer pola concelleira de Xuventude, Ana Vidal.

O campamento será gratuíto e terá unha duración de 15 días.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.