Rianxo acolle os días 7 e o 8 de xuño dúas xornadas informativas sobre o programa de acollida Vacacións en Paz 2025

11 Maio 2025

O sábado 7 e o domingo 8 de xuño celebraranse en Rianxo unhas xornadas informativas sobre o programa de acollida Vacacións en Paz 2025, impulsado pola organización SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, un programa que permite que estes nenos e nenas pasen o verán afastados das temperaturas que nestes meses se acadan nos campos de refuxiados do deserto. As persoas interesadas en participar e colaborar poden chamar aos teléfonos 986 262 637 e 678 727 382, ou enviar un correo a asociacionsogaps@yahoo.es.

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís en familias, durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), en colaboración co goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) e cos concellos galegos, entre outras entidades.

Estes nenos/as viven nos campamentos de refuxiados situados, en Tindouf, no deserto do Sáhara, en Alxeria. A súa vida transcorre en duras condicións, privados do máis elemental e sobrevivindo grazas á axuda internacional.

Vacacións en Paz permítelles abandonar o deserto nos meses de máis altas temperaturas, que poden chegar ata os 50 graos, realizar revisións médicas, recibir unha alimentación rica e variada e descubrir unha cultura diferente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.