Os bombeiros interveñen en Ribeira nunha fuga de gas nunha tubaxe en Manzanares

29 Maio 2025

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira foron requiridos ás 12 da mañá deste xoves na rúa Manzanares, no concello de Ribeira, por unha fuga de gas nunha tubaxe despois de que esta rompera polo impacto dun vehículo.

Foi o 112 quen deu o aviso despois de que a Policía Local de Ribeira solicitara a intervención dos bombeiros para parar a fuga de gas. Así, unha vez no lugar dos feitos, a dotación de profesionais procedeu ao peche e balizado da válvula tras as medicións negativas.

Os bombeiros retíranse do lugar solicitando ao 112 a presencia dun técnico da compañía.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.