Recepción oficial ao Club Kempo Pobra polos seus éxitos nacionais e internacionais

09 Maio 2025

Os deportistas, xunto co equipo técnico do club, foron recibidos polo alcalde, José Carlos Vidal, e polas concelleiras Amparo Cerecedo, Patricia Lojo e Estefanía Ramos

O salón de plenos da Casa do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu un acto de recepción oficial ao Club Kempo Pobra, en recoñecemento polos extraordinarios resultados acadados tanto no Campionato Nacional como no Campionato Mundial desta disciplina deportiva, así como polo destacado labor do seu equipo técnico.

O alcalde, José Carlos Vidal, acompañado polas concelleiras Amparo Cerecedo, Patricia Lojo e Estefanía Ramos, foi o encargado de dar a benvida aos deportistas e de felicitalos polo seu compromiso, esforzo e traxectoria.

No Campionato Nacional, celebrado en Guadalajara o pasado mes de marzo, o club participou cun total de 22 competidores e competidoras que destacaron en diversas modalidades, sumando un importante número de medallas como resultado do intenso traballo realizado ao longo da tempada.

A nivel internacional, no Campionato Mundial de Kempo celebrado en abril na localidade portuguesa de Caldas da Raíña, o Club Kempo Pobra contou con cinco representantes que volveron a casa con varias medallas de ouro, prata e bronce, situando novamente o nome da Pobra do Caramiñal no máis alto do panorama mundial deste deporte.

Dende o Concello subliñouse o orgullo que representa contar cun club que promove valores como o respecto, a disciplina e o espírito de superación, e animouse ao equipo a continuar coa súa excelente traxectoria.

C.P.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.