Portos inviste 180.000 euros na renovación dos firmes esgotados nos portos de Ribeira e A Pobra

20 Maio 2025
Os traballos en Ribeira

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 180.000 na renovación de pavimentos esgotados nos portos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, na Coruña. As obras, segundo informou o dito organismo da Xunta, “atópanse en execución esta semana e permitirán dotar de novos firmes as explanadas e os viarios que presentaban necesidades en ambos portos, así como repintar a sinalización horizontal”.

Ambas actuacións enmárcanse nun plan global para 26 dársenas autonómicas no que Portos de Galicia inviste 1,6 millóns de euros para substituír e reforzar os pavimentos esgotados.

No marco deste plan executaranse obras que inclúen a dotación de novas capas de firmes de reforzo, a reposición naquelas zonas nas que o pavimento fora esgotado e a reposición de firmes de formigón armado, ademais de labores de saneo de explanadas.

Portos de Galicia engade que “como complemento destas actuacións, atenderase tamén a deixar a cota os pozos, arquetas e sumidoiros existentes e pintarase nova sinalización horizontal”.

Deste xeito, o organismo prevé mellorar a seguridade viaria de condutores e peón que transitan pola zona.

En concreto, no porto de Ribeira executarase un novo pavimento en varias zonas do peirao, o aparcadoiro da lonxa, o paseo das Carolinas e a avenida do Malecón. O orzamento total desta actuación é de 140.000 euros.

Polo que respecta á Pobra do Caramiñal, os traballos realízanse na rúa Fernández Varela, entre a rúa da Paz e a Rúa Anxo Rei Ballesteros, no acceso aos peiraos do Club Náutico e no peirao pesqueiro. O orzamento será de 40.000 euros e incluirá a posta a conta de tapas e grellas de sumidoiro e reposición de marcas viarias.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.