“Polo de agora, fume negro na cheminea do Vaticano con mar de púrpura na praza de San Pedro” – Antón Luaces

08 Maio 2025

A clásica “fumata” que anuncia a elección de novo Papa segue a ser unha ensoñación: o sucesor do Papa Francisco está por chegar, porque a cheminea do Vaticano non “fala”. Mais si o fai o silencio dos máis dun cento de purpurados de 71 países que, malia ter a obriga  de non comentar nada nada ao respecto entre os seus compañeiros electores e elexíbeis, deixan adiviñar – tamén estará prohibido “dicir” sen falar?- por onde van as predicións das Súas Eminencias: Seguiren os postulados progresistas do Papa Francisco ou desandar o camiño percorrido polo ata o de agora xefe da igrexa católica mundial chegado de Arxentina coma un peregrino?.

Moitos millóns de televidentes mantiveron prendido onte da televisión e a radio o seu interese e desexo de saber se o “pibe” Francisco tiña remuda na cadeira de Pedro. Mais a cheminea vaticana botou unha bafarada de fume negro que non anunciaba outra cousa que non había novidade, que todo segue igual. Que talvez este xoves. Ou quen sabe se será mañá.

Sexa quen sexa, oxalá siga quen ocupe a cadeira vacante a liña de comuñón iniciada por Francisco con aqueles que máis precisan da comprensión e axuda de quen está recoñecido mundialmente como a cabeza visible da Igrexa Católica. De paso, que limpe ou faga limpar o constante ruxe ruxe da Congregación eclesiástica que nen sequera para no Sínodo que, silandeiramente, debe representar ao Deus dos católicos na Terra.

Será o xoves, hoxe, o día?. Que camiño vai seguir o sucesor de Francisco?. Quedan horas para sabelo. O fume branco dirá se habemus Papa. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.