Plan integral de loita contra a pobreza e a exclusión social

26 Maio 2025

Esta semana, a Fundación Amigos de Galicia reforzou o seu compromiso coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade mediante a entrega de produtos básicos en diferentes concellos galegos. Alimentos e outros produtos esenciais foron distribuídos en Arteixo, Barbadás, Cenlle, Coles, Culleredo, Ferrol, Leiro, Lugo, Marín, Narón, Paderne, Poio, Pontevedra, Ribadumia, San Cibrao, Santiago de Compostela, Taboadela e Verín, permitindo apoiar a 121 familias, beneficiando a un total de 444 persoas, incluíndo 6 familias que recibiron atención por primeira vez.
Ademais, o Departamento de Traballo Social incorporou 30 novas solicitudes de asistencia ao Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, asegurando que máis fogares poidan acceder aos recursos necesarios para cubrir as súas necesidades básicas.

No transcorrido do ano 2025 a Fundación Amigos de Galicia ten realizado 6061 atencións a través deste programa.

Cabe destacar que as persoas en idade laboral que son atendidas a través do Plan Integral de Loita contra a Pobreza teñen a obriga de estar inscritas na Axencia de Emprego e Colocación da entidade e atoparse en busca activa de emprego.

Ademais, nesta semana, continuamos co proxecto de reforzo escolar destinado a menores en idade escolar, que presentan dificultades académicas e se atopan en situación de vulnerabilidade, iniciativa enmarcada no programa “En igualdade dende a escola” ; busca apoiar o seu desenvolvemento académico e brindar ferramentas para afrontar con éxito o curso escolar. Continúan as súas clases os e as participantes dos concellos de Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ames e Lugo.

Por outra banda, contamos coa colaboración dun grupo de voluntari@s sénior para apoiar nas labores de almacén. Estas persoas de maneira altruista aportan un gran valor para organizar e axilizar tarefas diarias e agradecemos o seu compromiso e disposición.

Este labor conta coa colaboración da Dirección Xeral de Inclusión Social (Consellería de Política Social e Igualdade).

Por outra banda, a Clínica Villoria sita en Vigo xunto coa Fundación Amigos de Galicia estamos a atender a un centenar de nenos e nenas en situación vulnerable, realizando revisións oculares gratuítas e aportando gafas e lentes a aqueles/as menores que o precisen, contribuíndo así a paliar as desigualdades no acceso a servizos de saúde visual e promovendo a igualdade de oportunidades dende a infancia.

Tamén, o pasado sábado 17 de maio, coincidindo co día das Letras Galegas e co Aniversario da Fundación, tivo lugar en Vilagarcía de Arousa o primeiro mercado vintage: o Vilavela Market. A Fundación Amigos de Galicia participou en dito mercado, onde numerosas persoas se achegaron ao stand para coñecer a labor da Fundación e colaborar coa mesma.

Ademais, o domingo 18 de maio celebrouse a XI Gala Solidaria “Música por alimentos”, organizada pola Comunidade de Montes de Curro, e contando coas actuacións das orquestas Marbella e Finisterre. Os alimentos doados á Fundación Amigos de Galicia irán dirixidos a continuar atendendo ás familias ás que lles prestamos axuda.

Ademais, o mércores, día 21 de maio recibimos a doazón dunha neveira con conxelador en moi boas condicións. Está doazón foi posible grazas á Fundación Amaranta, sita en Ourense. Agradecemos á mesma terse posto en contacto ca Fundación Amigos de Galicia, xa que con este electrodoméstico poderemos axudar a unha familia que o precise.

Dende a Axencia de Colocación e o Servizo de Orientación Laboral na última semana leváronse a cabo as seguintes atencións e insercións laborais:

  • Na provincia de A Coruña: 58 atencións relacionadas co emprego e 7 insercións laborais.
  • Na provincia de Lugo: 32 atencións relacionadas co emprego e 4 insercións laborais.
  • Na provincia de Ourense: 34 atencións relacionadas co emprego e 8 insercións laborais
  • Na provincia de Pontevedra: 78 atencións relacionadas co emprego e 14 insercións laborais.

No ano 2025 o departamento de Orientación Laboral realizou un total de 4.737 atencións e acadou 671 insercións de persoas en situación de desemprego.

Ao longo do 2024, máis de 12.725 persoas recibiron apoio en temas de emprego, das cales 1.979 lograron incorporarse ao mercado laboral en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Por outra banda, a través do convenio establecido coa Universidade de Vigo (UVigo) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) incorporaronse e incorporaranse psicólogas, traballadoras sociais e outras profesionais das ciencias da educación para realizar as prácticas académicas na entidade.

Ademais, realizáronse atencións telefónicas a 6 mulleres, que forman parte do programa *Em-Femenino 2025. Este programa lévase a cabo en colaboración co Equipo de Inclusión e o Concello de Carballo e co apoio da Deputación de A Coruña.

ASESORAMENTO PSICOLÓXICO

O Departamento de Psicoloxía dedicou a última semana ás seguintes actividades:

Centros educativos
O luns, 19 de maio asistimos co noso programa de atención psicolóxica a diferentes centros escolares do concello de Boiro. Nesta ocasión acudimos ao CEIP Santa Baia, ao CEIP Cespón, ao CEIP Abanqueiro, e ao CEIP Santa María Castro, realizando sesións de seguemento a un total de 12 menores.

O mércores, 21 de maio acudimos ao CEIP O Piñeiriño, no concello de Vilagarcía de Arousa, para a realización de talleres en materia de prevención do acoso escolar, baixo o título ”Transformando as nosas aulas: promovendo un ambiente escolar seguro e respectuoso”, ao alumnado de Educación Primaria, chegando a un alcance total de 77 menores nesta xornada.

No presente ano 2025 o departamento de psicoloxía realizou intervencións en centros educativos a un total de 2.751 menores.

Atención psicolóxica
O servizo de atención psicolóxica atendeu nesta semana as necesidades de 6 usuarios/as do noso programa de asistencia psicolóxica, procedentes dos concellos de Caldas de Reis, Cambre, Lugo e Vilagarcía de Arousa.

Persoas maiores
Esta semana acudimos ao concello de Vilarmaior para dar continuidade ao programa posto en marcha neste concello as pasadas semanas. Ao longo do que levamos de ano, 178 persoas participaron nos cursos de formación en novas tecnoloxías, sumando un total de 502 asistencias en toda a comunidade galega. Nestas sesións formativas os participantes tiveron a oportunidade de aprender a utilizar diversas funcionalidades dos dispositivos electrónicos. Ditas formacións desenvólvense en colaboración cos diferentes concellos aos que se acude e contan co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e a Dirección Xeral de inclusión.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...