Padrón celebrou o patrón coa procesión do San Xoán do Raio, música galega e de acordeón e o tradicional xantar da terceira idade

07 Maio 2025

Padrón celebrou este 6 de maio ao seu patrón, San Xoán do Raio. A procesión dende a Casa Consistorial ata a igrexa parroquial marcou o inicio do programa festivo do día do patrón da capital do Sar. O alcalde, Anxo Arca, e o Goberno municipal presidiron os actos nos que participaron representantes da Corporación e centos de veciños e veciñas.

Un cuarteto da A.C. Rosalía de Castro de Padrón abriu a comitiva que trasladaba ao San Xoán do Raio en procesión, seguida dos membros do Goberno local e da corporación municipal, acompañados de decenas de veciños e veciñas.

A Coral Val do Sar cantou na misa solemne, que deu paso a o concerto do dúo de acordeóns Ad Libitum na praza de Macías, e que foi moi aplaudido polo público presente.

Despois de corenta minutos de música comezou o xantar da terceira idade no hotel Scala, no que participaron unhas trescentas persoas, que estivo amenizado pola música do dúo Sabrosito. Na sobremesa, e antes de comezar o baile, sorteáronse entre os asistentes dúas ceas para dúas persoas, unha entrada para que dúas persoas poidan acudir ao balneario de Cuntis e catro lotes de viño doados polo restaurante.

Xantar da terceira idade no hotel Scala

A festa continuou pola tarde-noite xa no Campo do Souto, coas verbenas amenizadas polas agrupacións V-Roc e o UYF’75, o grupo padronés Unión y Fuerza fundado en 1975 que se volveron xuntar nesta ocasión para celebrar o seu cincuenta aniversario.

Concerto dúo de acordeóns Ad Libitum na praza de Macías

Festa que data de 1613

A festividade de San Xoán do Raio ten máis de 400 anos de historia. Remóntase a un domingo de 1613 cando un raio caeu na igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia durante o transcurso dunha misa. O incidente so causou danos materiais, destruíndo unha das torres da antiga colexiada, pero sin que ningunha das persoas presentes resultase ferida. A iniciativa do Cabildo de Iria declarouse a festivididade de San Xoán do Raio o 6 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.