Outes celebra as Letras con homenaxes ás cantareiras e co fallo do XXIX Certame Francisco Añón de Poesía

13 Maio 2025

O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas o auditorio da Casa da Cultura de Outes acollerá ás 17.00 horas o fallo do XXIX Certame Francisco Añón de poesía, este ano adicado á cultura popular das cantareiras e á lírica popular. Amenizarán o acto as cantareiras do grupo de pandeireteiras da Escola Tradicional de Outes e tamén un quinteto de gaiteiros/as da mesma escola.

A continuación presentarase o libro co poemario galardoado na edición do 2024 titulado O conto da leiteira de Vicente Vázquez Vidal e publicado a través da editorial Caldeirón dentro da colección Pedra dos Corvos. Esta presentación correrá a cargo do escritor Carlos Lixó, membro do xurado da edición 2024 e quen prologou o libro. Amais, farase a presentación da escolma que recolle os traballos premiados nas seis categorías de que consta o premio e que abrangue a idades entre os 6 anos e maiores de 18.

Despois desta parte entréganse os lotes de libros a cada unha das persoas que foron galardoadas neste certame e a continuación farase a lectura da acta na que se recolle o fallo do xurado coas persoas que resultaron gañadoras desta edición do 2025, e convidarase a que suban ao escenario a facer un pequeno recitado poético dalgunha das poesías premiadas.

Ao remate do acto convídase ao público asistente a uns petiscos no que as persoas asistentes aproveitan para conversar e confraternizar uns coas outras e pasar un tempo relaxado intercambiando impresións.

O autor deste ano Vicente Vázquez estará asinando exemplares a aquelas persoas que así o desexen.

O acto está aberto a toda a veciñanza outense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.