Os Heredeiros e Monoulious Dop “rockearán” en Noia o Día das Letras Galegas

06 Maio 2025

Noia vai celebrar o Día das Letras Galegas con dous ingredientes principais: música e libros. Os encargados de aportar o primeiro ingrediente serán Os Heredeiros da Crus (icónica banda de rock do Barbanza que está de volta nos escenarios cun máis que destacado traballo discográfico, Trankimasin) e máis os locais Monoulious Dop, dúas bandas que levan a lingua galega por bandeira. Farano no marco da nova edición do Estival Fest, que este ano coincide (significativamente) coa gran festividade da cultura galega. O festival comezará ás 21.00 horas e desenvolverase nas instalacións do IES Campo de San Alberto. As entradas teñen un custe de 10 euros, incluídos os gastos de xestión (en Ataquilla.com)

Os Heredeiros veñen de lembrar nas redes a súa presenza en Noia o día 17 de maio, nun vídeo no que, co humor habitual marca da casa, felicítanse pola oportunidade que se lles brinda de celebrar o 17 de maio en Noia, que é practicamente como estar na casa.

Os noieses Monoulious Dop

O novo traballo dos Heredeiros

Trankimasin, en palabras do grupo, é “unha colección de 12 comprimidos receitados en caso de deficiencia sanguínea de rock setenteiro e sempre baixo a estrita supervisión médica dos máis ghrandes”. Engaden que “a composición destas pastillas vai desde a irreverencia ata a retranca sempre mesturadas con alta dose de guitarras electrizantes e moitos miligramos do seu excipiente segredo: o ferro da base tractora demoledora dos Heredeiros”.

A singularidade de Trankimasin tamén reside no seu proceso de creación. A banda gravou este traballo a cabalo entre os emblemáticos estudios Strongroom de Londres, coñecidos por albergar a gravacións de artistas como Radiohead, Oasis e Arctic Monkeys, e os estudios Nakra de A Coruña. A produción correu a cargo de Iago Lorenzo, un colaborador de confianza que xa traballara co grupo en proxectos anteriores. A gravación celebrouse durante o último trimestre de 2024. Tras o lanzamento do seu primeiro sinxelo, Convensido, en Noiteboa de 2024, Heredeiros da Crus sorprendeu máis tarde co tema De-Nunzia-nos, que mestura humor e retranca, características definitorias da banda.

Os Heredeiros presentando o concerto de Noia nas redes

A publicación de Trankimasin abriu tamén o camiño para unha xira que promete ser un dos puntos álxidos da súa historia sobre os escenarios. Entre as datas xa confirmadas, destacan citas como a de Noia deste 17 de maio, o Resurrection Fest en xuño, o Silfest en xullo e o Fenerock e o Revenidas en setembro.

Con máis de trinta anos de traxectoria, Heredeiros da Crus mantense como un símbolo do rock feito en Galicia, conectando con audiencias de todas as idades a través da súa autenticidade e estilo único.

Fundada en 1992 en Ribeira, A Coruña, Heredeiros da Crus revolucionou o panorama musical galego co seu rock retranqueiro e o uso distintivo da gheada e o seseo. A banda acadou fama co seu álbum debut, A Cuadrilla de Pepa a Loba (1994), e consolidouse con traballos como ¡¡Está que te cajas!! (1996) e Erecsiones Munisipales (1999), que os levaron a escenarios nacionais e internacionais. Tras unha pausa en 2005, o grupo regresou en 2012, reafirmando o seu compromiso coa música e lanzando novos álbums como Jard Rock Con Fe (2013) e Derretidos (2019).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.