Os días 6 e 7 de xuño celébrase no IES Félix Muriel o XIV Seminario sobre a Memoria (“Os desastres da guerra”)

13 Maio 2025

Rianxo vai acoller en xuño, os días 6 e 7, o XIV Seminario sobre a Memoria: Os desastres da guerra, organizado por Nova Escola Galega, CRMH Barbanza, IES Félix Muriel e o Concello de Rianxo, coa colaboración doutros colectivos. Desenvolverase no IES Félix Muriel (Rianxo) e terá unha sesión en Compostela. Terá unha extensión de 12 horas (en trámite a homologación pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional). A organización achegará 50 prazas, por rigorosa orde de inscrición. As persoas destinatarias serán as integrantes do persoal docente do ensino público e concertado, así como persoas en paro. A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través da ligazón Neg.gal.

Segundo informan as entidades organizadoras, convocatoria do Seminario constitúe “unha proposta para a reconstrución da memoria democrática no contexto escolar coa que se pretende suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en Rianxo e Compostela”. O obxectivo último do Seminario persegue “posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da
democracia e da xustiza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.