“Os amores de Don Uxío” – Xulio Xiz

07 Maio 2025

Este varón postólico amou a Deus sobre todas as cousas, e ás persoas como a si mesmo, ou máis. E amou á Igrexa, entregándolle a súa longa, intensa, vida. Estudou Humanidades, e desbordaba humanidade. Profundou na Filosofía e en Teoloxía e Ciencias Bíblicas, pero sobre todo rebordaba vitalidade, contaxiaba sorrisos, era imposible non ser seu amigo.

Era un sabio que tanto desempeñou altas responsabilidades no bispado de Mondoñedo-Ferrol como serviu parroquias que o necesitaban, dando exemplo de humildade. Foi profesor do Seminario, delegado de Cáritas e administrador diocesano. “Avó dos cregos”, chamoulle o Papa Francisco.
Grazas ao amor de Uxío pola terra e polas xentes, garantiu a continuidade do Belén de Begonte nos anos oitenta, e logo a da Polifónica de Vilalba cando veu á miña vila como párroco, e aceptou dirixir con especial interese, totalmente desinteresado, a histórica agrupación.

Amaba a música. Eu coñecino hai xa máis de medio século como director do Orfeón de Mondoñedo. Quíxeno e quíxome. En Vilalba fíxose amar por todos os membros da Polifónica, e por todos os veciños.

Amaba a poesía, e foi premiado no Certame de Vilalba. E para as celebracións de Santa Cilia preparaba poemas fermosos que todos cantabamos con fruición. E coa inocencia e ledicia dun neno abría os agasallos que os cantores vilalbeses lle ofrendaban.

Amaba escoitar. Amaba atender. Amaba sorrir. Unha web garda a súa memoria: uxiogarciaamor.org.

Son sete os varóns apostólicos que lembra a historia. Para min, desde agora son oito: Torcuato, Tesifonte, Indalecio, Segundo, Eufrasio, Cecilio, Isicio e Uxío. Era un home que facía honra ao seu apelido.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.