O servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro recibe un kit de material de salvamento

27 Maio 2025

Dende a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia veñen de entregar ao Concello de Boiro un kit de material para emerxencias en medio acuático. O concelleiro, Roberto Lojo, xunto co membro de protección civil, Pablo Romero, participaron no acto de recepción do material.

Indo ao kit recibido, dicir que está composto por: cadeiras anfibias, unha táboa e un tubo de rescate, unha caixa e unha faldriqueira (riñonera) de primeiros socorros, sendo todo este material empregado por parte do persoal da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro en atención ás emerxencias en praias durante a época estival.

Coa achega deste material vanse facilitar as tarefas que desenvolve o servizo municipal na atención ás emerxencias, especialmente aquelas xurdidas nos areais.

O Servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro conta na actualidade cunha vintena de voluntarios que atenden todo tipo de emerxencias acontecidas no termo municipal, así como a colaboración en dispositivos de outros concellos para eventos e actividades deportivas ou culturais; incidencias solicitadas polo CIAE 112 ou as forzas e corpos de seguridade tales como incendios, accidentes de tráfico ou busca de persoas desaparecidas.

Outros artigos

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.