O rianxeiro Erik Martín, subcampión europeo de Kung Fu

08 Maio 2025


O pasado 5 de maio finalizou o Campionato Oficial Europeo de Kung Fu (WKFE) celebrado en Creta (Grecia), no que participaron unha vintena de equipos de atletas seleccionados por cada país europeo , sendo un total de 485 atletas.

A este evento acudiu o rianxeiro Erik Martín Bai, único galego seleccionado pola Federación Española de Judo para este Campionato europeo de Kung Fu, estando formada a selección española por 12 deportistas de todo o territorio nacional, sendo ademais Erik o único neno do equipo en categoría infantil.

Agora, esta nova promesa das artes marciais regresa a España de forma triunfal traendo unha medalla de prata para o noso país e proclamándose subcampión de Europa en Kung Fu.

A nova promesa do deporte do Barbanza, de 12 anos de idade, empezou a practicar artes marciais con só 3 anos, e nos últimos anos cultivou títulos rexionais e nacionais como as 11 medallas de ouro e 1 prata en campionatos oficiais da Federación Española de Judo que engrosan o seu palmarés deportivo e agora suma un novo triunfo internacional á súa traxectoria deportiva.

Erik comenta que “esta foi a competición máis dura á que asistiu” en toda súa experiencia competitiva, onde por só 5 centésimas estivo a piques de acadar o ouro para España, pero que aínda que esta vez non puido ser, confía en que o próximo ano conseguirá o ouro.

O seu pai, Daniel M. que ao mesmo tempo é o seu adestrador (preparador do Club HongKun Rianxo), comenta que o neno entregouse totalmente e destaca deste xeito o alto nivel esixido neste europeo: “Como adestrador esta é a competición máis dura á que asistimos cun nivel mais próximo a un campionato do mundo que a un europeo. Nos últimos anos moitos equipos de atletas como Ucraína, Italia, Francia ou Israel lograron un nivel realmente moi elevado, no que tan só unha desviación técnica que sería imperceptíbel para calquera ou un lixeiro abalo dun pé restarían unha decima na puntuación final”. Por tanto, sinalou, “para alzarse entre os 3 primeiros postos do podio non pode existir o máis mínimo erro na súa execución”.

O seu pai móstrase moi positivo xa que contou co máximo apoio do Restaurante de alta cociña Aghro da Corna situado en Rianxo, o seu xerente Antonio Picón, apostou polo neno de forma incondicional e “estámoslle moi agradecidos por iso”, comenta o seu pai.

Erik dedicou unha media de 4 a 5 horas diarias no último mes, iso si, compaxinando cos seus estudos, do que comenta o seu pai, é un destacado estudante con notas excelentes.

Ante este triunfo, Erik Martín e o seu adestrador atópanse valorando a próxima participación de Erik en campionatos internacionais, pois “este europeo foi tan só o comezo dunha longa andaina que non fixo mais que comezar”, sinalou o adestrador.

Outros artigos

Luns 12, pasado por auga, con chuvias xeneralizadas e vento do suroeste

Agárdase unha xornada marcada por precipitacións xeneralizadas, que poderán ser localmente intensas e se irán desprazando de oeste a leste ao longo do día. Segundo a previsión meteorolóxica, as chuvias comezarán nas primeiras horas da mañá e tenderán a remitir cara á...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.