O PP pide adaptar a normativa pesqueira europea á nova presenza do patudo no Cantábrico

28 Maio 2025

O Grupo Parlamentario Popular presentou unha moción na Comisión de Pesca do Senado para solicitar ao Goberno de España unha revisión do modelo de xestión pesqueira da Unión Europea. A iniciativa, promovida polos senadores Manuel Santos Ruiz Rivas, Verónica María Casal Míguez, José Manuel Balseiro Oro, Antonio Luengo Zapata e Íñigo Fernández García, busca adaptar a normativa aos recentes cambios na distribución de especies pesqueiras como o patudo (Thunnus obesus).

Segundo expoñen os senadores populares, o cambio climático e outros factores ambientais han provocado alteracións significativas nos patróns migratorios de diversas especies. No mar Cantábrico detectouse un aumento sostido na presenza de túnidos como o atún vermello e o patudo, un atún tropical tradicionalmente vinculado a augas máis cálidas, que agora aparece con regularidade na zona norte peninsular.

Estudos científicos recentes confirman que a presenza do patudo no Cantábrico non se debe exclusivamente ao quecemento dos océanos, senón tamén á dispoñibilidade alimenticia, especialmente de pequenos pelágicos. A pesar diso, a lexislación vixente —concretamente a Orde APA/372/2020— prohibe á frota de arrastre española capturar patudo, mesmo se o fai de forma accidental. As embarcacións están obrigadas a devolver ao mar os exemplares capturados e rexistrar o descarte no seu diario electrónico de pesca (DEA).

Para o PP, esta situación supón un agravio comparativo fronte a outras modalidades de pesca e xera unha incoherencia na xestión dos recursos mariños. “O actual modelo europeo non responde á realidade ecolóxica actual e prexudica inxustamente ao sector pesqueiro profesional”, sinalan os promotores da moción.

Reivindicacións da moción

Na súa proposta, o Grupo Popular insta o Goberno a:

  1. Propoñer á Comisión Europea unha modificación do modelo de xestión pesqueira*, axustando cotas e permisos á nova distribución do patudo.
  2. Impulsar estudos científicos* que actualicen os datos sobre a súa presenza e abundancia no Cantábrico.
  3. Defender na UE unha maior flexibilidade normativa*, que permita adaptar a política pesqueira común aos cambios dos ecosistemas mariños.

O documento recoñece que non é posible calcular de forma inmediata o custo económico desta medida, polo que este deberá ser determinado polo Ministerio correspondente, sempre en función da dispoñibilidade orzamentaria do Goberno.

A moción foi aprobada no senado co voto en contra do Psoe.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.