O PP de Padrón esixe ao alcalde que faga público o “suposto borrador” dos Orzamentos enviado ao BNG

21 Maio 2025

O voceiro do Partido Popular de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, emitiu un comunicado no que reclama ao equipo de Goberno que faga público con urxencia o “suposto borrador” do Orzamento municipal para 2025, unhas contas que, segundo indicou, o Executivo “recoñeceu enviar ata en tres ocasións ao BNG, mentres que nin se molestou en contactar co Partido Popular, que representa practicamente á metade da veciñanza”.

Para Rodríguez Conde, esta forma de proceder é “unha nova mostra da soberbia de Anxo Rei, que, a pesar de gobernar en minoría e cun “evidente enfrontamento cos seus socios de investidura, está a ningunear e desprezar á metade da poboación, mentres, pola contra, trata de facerse a vítima dunha forma totalmente impostada”.

Engadiu que o “alcalde xoga a enganar á veciñanza ao falar dunha pinza PP-BNG para dificultar a aprobación dos Orzamentos”. E apunto:” A nós non nos chamou para sentarnos a falar nin nos enviou ningún borrador das contas, un documento que ata o BNG, que apoiou a súa investidura, rebaixa ao nivel dunha memoria bastante imprecisa e abstracta”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.