“O político, o apolítico, a UER e o xenocidio de Israel en Gaza”. Antón Luaces

17 Maio 2025

Atletas rusos, ao igual que a Televisión de Rusia  -integrante da Unión Europea de Radiodifusión (UER)- seguen vetados nos xogos olímpicos e outros eventos da maior importancia deportiva mundial e/ou europea, pola súa conexión político-militar na guerra contra Ucraína, mentres Israel participa sen problemas en torneos deportivos internacionais de toda caste e, esta fin de semana -como fai cada ano- no certame musical de Eurovisión, sen cortapisas de ningún xénero malia que o seu Exército leva ocasionados en dous anos 53.000 mortos (datos da ONU) entre os que figuran máis de 15.000 nenos.

Chama a atención este desigual trato dos organismos internacionais a dúas nacións que acubillan os seus dereitos baixo uns estatutos ou protocolos deseñados para transitar en igualdade de condicións polos vieiros oficialmente deseñados para seren percorridos conxuntamente e sen a posibilidade do exercicio de veto que, por exemplo, teñen no Consello de Seguridade das Nacións Unidas (ONU) estados membros coma USA, Rusia, Francia, China e Reino Unido, membros permanentes do devandito Consello aos que a Carta da ONU de 1945 outorga un asento permanente no mesmo. 

A este respecto compre lembrar que a pasada noite, a TVE formulou a petición de “Paz e xustiza para Palestina” instantes antes de que a representante española, Melodie, interviñera este sábado no evento eurovisivo que mobiliza aos países integrantes da UER. 

Sen embargo, a televisión pública española non foi quen de cualificar de xenocidio o que sí fixeron significados membros do seu plantel de traballadores (entre eles Xavier Fortes e Almudena Ariza) ameazados de sanción pola propia UER por teren empregado ese termo para deixar nidiamente claro (como tamén o deixaron distintos membros do Goberno e do Parlamento de España, entre outros) que as mortes provocadas en Gaza pouco ou nada se diferencian das realizadas polos nazis entre os xudeos nos campos de exterminio e, antes, nas propias cidades nas que estes residían en Alemaña dende a famosa “noite dos cristais rompidos” ou “Kristallnacht” na noite do 9 ao 10 de novembro de 1938.

Treméronlle as pernas á dirección de TVE?. Tanto poder ten Israel como para chegar a esto?.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.