O Noia Harp Fest e a Asociación Española de Arpistas ofrecerán dous concertos con destacadas intérpretes do instrumento

15 Maio 2025
Noelia Cotuna

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (o Noia Harp Fest, que se celebra este ano do 30 de xullo ao 2 de agosto) consolida a súa aposta pola visualización do talento arpístico, a través de múltiples estilos, da man da Asociación Española de Arpistas (AEDA). Un ano máis, ambas entidades revalidan o seu compromiso coa visualización de intérpretes sobranceiras de arpa para que teñan presenza no único evento cultural do noroeste peninsular dedicado exclusivamente a este instrumento.

Desta volta, no canto de realizar un único concerto -liña habitual nas anteriores edicións-, NHF e AEDA ampliarán a súa colaboración para ofrecer dous directos que contarán con algunhas das figuras máis representativas da escena arpística da música clásica ou culta e antiga, como son a valenciana Noelia Cotuna e El Concierto Secreto, o proxecto artístico conformado por Juliette Commeaux e Laia Blasco.

A primeira das citas será o 1 de agosto. A solista e músico de cámara Noelia Cotuna, galardoada tanto a nivel nacional como internacional pola súa técnica e calidade interpretativa, será a responsábel de ofrecer en Noia un repertorio que renderá homenaxe á mítica arpista e compositora francesa Henriette Renié no 150ª aniversario do seu nacemento. Cotuna, quen ten actuado baixo a batuta de figuras recoñecidas como Kill Petrenko, Zubin Mehta, Daniel Barenboim, será un dos pratos fortes deste NHF 2025.

A segunda cita que o Noia Harp Fest programará da man de AEDA será ao día seguinte. O sábado 2 de agosto presentarase en Galicia El Concierto Secreto, unha proposta fiada polas polivalentes Juliette Commeaux (arpa) e Laia Blasco (voz e frauta) e no que buscan recrear pezas virtuosísticas da antigüidade con redución para voz e para arpa, inspirándose na execución dalgunhas das cortes italianas que interpretaban estas músicas na intimidade ou para un grupo selecto de intelectuais. O dúo estréase en Galicia logo de visitar numerosos ciclos de concertos e escenarios como o Museo Nacional de Arte Romano de Mérida, o Auditorio de León ou mesmo o Museo Marqués de dos Aguas de Valencia, entre outros.

Con este anuncio, Cotuna, Commeaux e Blasco súmase a nomes xa avanzados polo festival, como son a arpista flamenca Ana Crismán, a escocesa Rebecca Hill e a nova formación galega D’Súpeto. Nas vindeiras semanas daranse a coñecer novos nomes e actividades que serán parte do único festival do noroeste de España cuxo fío condutor é a interpretación musical a través da arpa.

El Concierto Secreto

Noia Harp Fest

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest) celebrará a súa duodécima edición os días 30 e 31 de xullo, e 1 e 2 de agosto. Organizado por Nalgures Producións e baixo a dirección artística da Asociación Noia Harp Fest, o evento conta co apoio do Concello de Noia e da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, ademais da colaboración da Deputación da Coruña. Trátase dunha cita clave do calendario musical para todas aquelas amantes da arpa así como da diversidade artística; pois o evento reúne cada tempada numerosas bandas e solistas, tanto galegas coma internacionais, de diferentes estilos e orixes.

Así, o fío condutor do Noia Harp Fest é a interpretación a través da arpa, polo que durante unhas xornadas o público pode descubrir, de balde, desde músicas ancestrais até creacións contemporáneas de vangarda de diferentes países. Ademais, o evento acolle, desde 2023, o Encontro de Escolas de Arpa de Galicia, que reúne ao alumnado dos centros galegos para tecer comunidade, convivir e interpretar, xuntas, unha composición.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.