O Museo do Gravado de Artes acolle este xoves unha conferencia do escritor e investigador Xosé Ramón Fandiño sobre Isaac Díaz Pardo

06 Maio 2025

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira), no marco das celebracións do Día das Artes Galegas 2025, adicado a Isaac Díaz Pardo, vai celebrar este xoves 8 de maio unha conferencia centrada no devandito artista galego: Isaac Díaz Pardo. Memoria do Compromiso.

A sesión será impartida por Xosé Ramón Fandiño e está previsto que se desenvolva a partir das 20.00 horas na sala 1 do Museo do Gravado. Haberá servizo de transporte gratuíto dende Ribeira, con saída ás 19.00 horas e regreso ás 21.00 horas. As reservas para o autobús cómpre facelas a través da conta normalizacion@ribeira.gal.

Com dixemos, o Día das Artes Galegas (1 de abril) homenaxeou este ano unha das persoas que máis traballou pola cultura galega no século XX, desde unha perspectiva comprometida e con afán transformador. Xosé Ramón Fandiño, escritor, investigador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego, achegarase á súa figura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.