O monte de Leiro acollerá unha xornada de ciencia cidadá para descubrir a súa biodiversidade

02 Maio 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de identificación participativa de biodiversidade, coordinada por Fundación Montescola coa colaboración da CMVMC de Leiro.

O vindeiro domingo 11 de maio, ás 10:30 da mañá, o monte de Leiro, en Rianxo, converterase no escenario dunha nova xornada de ciencia cidadá promovida polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza. A actividade, un Bioblitz, consistirá na identificación participativa de especies e está aberta a todos os públicos, sen necesidade de coñecementos previos.

O punto de encontro será o estacionamento da praia das Cunchas, desde onde partirá o grupo participante. A proposta está coordinada pola Fundación Montescola, en colaboración coa Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Leiro, que apoia esta iniciativa de valorización do seu patrimonio natural.

Durante a xornada, as persoas asistentes terán a oportunidade de colaborar cun equipo multidisciplinar de especialistas en botánica, entomoloxía, ornitoloxía e micoloxía para rexistrar o maior número posible de especies presentes no espazo natural nun tempo limitado. O obxectivo é achegar a biodiversidade local á cidadanía e fomentar a súa implicación na protección dos ecosistemas.

As persoas interesadas poden inscribirse até o venres 9 de maio, enviando un correo electrónico a info@montescola.org.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, promotor da iniciativa, é un proxecto coordinado pola Fundación RIA e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A súa misión é impulsar a transición cara á sustentabilidade ambiental e reforzar a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.