O monte de Filgueiras de Taragoña acolle o 31 de maio a cuarta edición da Romaría das Fousas

25 Maio 2025

O monte de Filgueiras (Taragoña, Rianxo) acolle o vindeiro sábado 31 de maio a IV Romaría das Fousas, organizada novamente polo colectivo Fousas ao monte ao abeiro do seu incansábel traballo pola difusión e o impulso dunha xestión alternativa do monte, sustentábel e afastada do monocultivo.

O programa de actividades inclúe deporte, música e faladoiros para desfrutar dunha xornada festiva e reinvindicativa no noso monte.

En concreto, a romaría acollerá un biathlon de toxeira, un faladoiro sobre agrupacións forestais conxuntas, unha sesión vermú con Silvaredonda (ás 13h), un concurso e un bingo musical logo do xantar, un obradoiro de trepa e tirolina, un concerto ás 18.00 horas con Resiudos Atractivas, unha sesión DJ con Maruxa e Coralia (ás 20h) e un concerto con Misto e Ghasolino (ás 21.00 horas).

Ademais, o programa de actividades inclúe un concurso musical. O premio para o equipo gañador consistirá en tres menús no Restaurante Casa Isolina no Campo de Pasos.

A maiores, no transcurso do evento entregaranse os Premios Fousellos de Ouro, que recoñecerán o labor daquelas persoas ou entidades que están a traballar, dende o asociacionismo ou o voluntariado, pola mellora da biodiversidade, a loita contra as especies invasoras e a xestión ordenada e sostíbel do monte e do territorio.

Organiza Fousas ao Monte coa colaboración do Concello.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.