O Festival Olloboi de audiovisual escolar celébrase o 6 de xuño

14 Maio 2025

O Concello de Boiro colabora un ano máis coa Asociación Cultural Olloboi na celebración do seu festival do audiovisual escolar que está previsto nesta edición 2025 para o venres 6 de xuño. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este 13 de maio na presentación xunto con Ana Moreiras e outros membros da organización.

“Olloboi 2025 contará cun programa moi optimista que busca levarnos á primeira división e contará coa colaboración de entidades de Euskadi e Portugal, cun equipo de cómplices internacional que servirá de gancho para a rapazada”, afirmou Ana Moreiras.

Ademais da Muchachada, que será o venres 6 de xuño, e o festival pola tarde para a proxección das curtas realizadas no propio día e tamén as que están a realizar nos centros de ensino, este ano Olloboi contará cun programa para toda a semana con proxeccións abertas ao público.

Ata o 24 de maio está aberto o prazo para que os centros educativos e o persoal vencellado envíen as súas curtas e inscribir a súa participación no festival. Este ano contarase con cinco categorías: Olloboi Peque, para traballos elaborados con alumnado de Infantil e Primaria; Olloboi ESO e Olloboi BAC/Ciclo medio, que participarán na Muchachada Olloboi para o alumnado responsábel da peza; Olloboi Plus18, para pezas elaboradas por alumnado de centros de ensino superior, profesorado ou PAS; e Olloboi PT, para curtametraxes enviadas desde Portugal.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, resaltou o gran traballo que realizan dende o equipo de Olloboi en colaboración cos cómplices e todos os colaborares para realizar unha actividade como esta que xa se converteu “nun festival audiovisual de gran envergadura e unha gran proposta para que os rapaces e rapazas se familiaricen co audiovisual”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.