O Concello de Rois organiza unha excursión á Feira Semana Verde de Silleda o 7 de xuño

22 Maio 2025

O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para participar na excursión á Feira Semana Verde de Silleda, que será o vindeiro sábado 7 de xuño. A actividade está dirixida ás persoas empadroadas no municipio e desenvolverase ao longo de todo o día.

A excursión, totalmente gratuíta para as persoas inscritas, inclúe o desprazamento en autobús e o seguro de viaxe. Trátase dunha oportunidade para desfrutar dunha das feiras máis emblemáticas de Galicia, que reúne cada ano centos de expositores e actividades arredor da gandería, a agricultura, o turismo, a gastronomía e o mundo rural.

As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse estará aberto do 23 de maio ao 4 de xuño, ben por correo electrónico, escribindo a inscricions@rois.gal, ou por teléfono, chamando ao 981 816 061.

O Concello de Rois resérvase o dereito a suspender a excursión no caso de non acadar un número mínimo de inscricións.

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.