O Concello de Ribeira mellorará o abastecemento de auga en Palmeira coa ampliación da rede na rúa Río Azor

20 Maio 2025

O Concello de Ribeira continúa impulsando melloras nas infraestruturas básicas do municipio coa adxudicación do proxecto de ampliación da liña de abastecemento de auga na rúa Río Azor, situada na parroquia de Palmeira. A obra, cun orzamento de 93.200,79 euros, foi encomendada á empresa Excavaciones NIMA S.L. e será financiada no marco do Plan de Obras e Servizos POS+ 2024 da Deputación da Coruña. O prazo estimado de execución é de tres meses.

A actuación busca dar solución ao que o Concello cualifica de “eiva histórica nesta zona”, que conta cunha rede de abastecemento de só 75 mm de diámetro, “claramente insuficiente para garantir un caudal e unha presión axeitados ás vivendas existentes”.

A nova intervención contempla a colocación de 820 metros lineais de tubaxe de fundición dúctil, cun diámetro de 150 mm e unha presión nominal de 16 atmosferas, o que suporá unha mellora substancial na calidade do servizo.

“Esta é unha actuación moi demandada pola veciñanza de Palmeira, especialmente pola cidadanía da rúa Río Azor, que viña sufrindo problemas recorrentes de presión de auga. Con esta obra damos un paso importante para garantir un servizo de abastecemento acorde coas necesidades reais da poboación”, sinalou o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral.

O rexedor tamén destacou o compromiso do Goberno local coa modernización das infraestruturas municipais e coa atención ás necesidades das parroquias. “As parroquias son unha prioridade para este Executivo. Estamos a traballar para que haxa servizos básicos renovados. Esta obra é un exemplo claro de como o Concello responde á realidade das persoas que viven fóra do centro urbano”.

Alto nivel de investimentos en Palmeira

O alcalde concluíu lembrando que esta obra enmárcase dentro dun plan máis amplo de renovación das redes de abastecemento e saneamento en distintas parroquias do municipio. Neste sentido, o Goberno local leva investidos e proxectados nos últimos dous anos, actuacións que ascenden a 778.000€ que se destinaron á renovación dos parques da Rochela e Horta do Cura, auga para consumo doméstico e saneamento en Lixó, auga para consumo na rúa do Barreiro, saneamento en Lombas e renovación de servizos e pavimentación na Cambra.

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Inestabilidade e chuvascos no sábado nas Rías Baixas e en Santiago

O sábado 9, estará marcado pola inestabilidade nas Rías Baixas e en Santiago, baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Portugal. Agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, aínda que irán aparecendo chuvascos co paso das horas. Na zona das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.