O Concello de Ribeira avalía novas medidas para previr a aparición de ratas nas rúas

24 Maio 2025

O Goberno ribeirense emitiu un comunicado no que tenta tranquilizar á poboación sobre a aparición de roedores en espazos urbanos e onde fai saber que os avistamentos recentes de ratas na vía pública, especialmente pola publicación de fotografías nas redes sociais, é “froito das tarefas de desratización”.

Segundo informan dende a Concellaría de Sanidade, faise un tratamento semanal activo de control da poboación, pero infórmase do seguinte:

1. O tratamento de control está axustado á normativa legal vixente, non podendo ser empregados biocidas de acción directa, utilizando substancias anticoagulantes sen efectos colaterais para humanos ou outros animais. Isto produce unha hemorraxia ao animal consumidor que pode ocasionar a súa desorientación e a súa saída ao exterior do sistema de rede de sumidoiros, ata en horas de sol, sendo as ratas animais de costumes eminentemente nocturnos e que adoitan fuxir dos humanos en condicións normais.

2. ⁠ A acumulación de alimento en forma de residuos comestíbeis na vía pública, especialmente fóra dos contedores, e fóra do horario establecido para o seu depósito, facilita que estes roedores poidan saír a buscar alimento se escasea na súa contorna natural.

3. O Concello explica que están a atenderse todas as incidencias que a cidadanía comunica, puntualmente e sen excepción. Dende o Goberno local recomendan comunicar as incidencias pola vía habilitada para o efecto.

4. Sinalan tamén que os labores de control programados están a levarse a efecto da forma descrita no acordo coa empresa adxudicataria, subscrito en lexislatura anterior á actual. Infórmase puntualmente de accións recomendadas e de medidas adicionais de control ou de mellora da rede de rede de sumidoiros.

5. ⁠ O Concello solicitou á empresa medidas para evitar a saída de roedores ás rúas para garantir a tranquilidade da poboación.

6. ⁠ A pesar de todo o anterior, explican dende o Consistorio, “a colaboración cidadá individual é imprescindíbel, dado que a exterminación completa destes roedores é imposíbel, polo que se

emiten as seguintes recomendacións: evitar a acumulación de entullos, lixos e residuos de alimentos, depositándoos no contedor adecuado para evitar a presenza de roedores; evitar a acumulación de augas de patios, garaxes, sotos, cámaras de edificios… para evitar que acudan roedores a beber; cubrir con tea mosquitera os depósitos comunitarios de auga; garantir unha adecuada drenaxe do terreo próximo ás vivendas e xardíns para evitar o estancamento de augas e a presenza de roedores; procurar a limpeza en zonas abertas fóra dos edificios que poden ser

refuxio de roedores; non quitar as tapas dos sumidoiros; vixiar que a vexetación alta estea separada dos edificios (os roedores poden acceder aos andares superiores a través das árbores); procurar que os sotos estean pavimentados para evitar que as ratas escaven galerías; as xanelas dos sotos e as aberturas exteriores deben dispoñer de teas metálicas sólidas cuxa malla sexa inferior a 5 mm, tipo mosquitera; e non alimentar a animais na vía pública ou parques e xardíns.

O Concello engadiu que continuará aplicando as medidas suxeridas para evitar os avistamentos de roedores, así como actuando para identificar e corrixir, ou esixir aos propietarios a súa corrección, de todas as circunstancias das que se dispoña de información relevante.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...