O Concello de Rianxo informa á mocidade das posibilidades dos videoxogos e das vantaxes da ciberseguridade

09 Maio 2025

O Concello de Rianxo ofrece novamente dúas actividades sobre ciberseguridade e videoxogos aos centros escolares de ensino primario do municipio. Grazas ás sesións previstas de divulgación, as crianzas poderán aprender as bases da creación de videoxogos, en palabra da organización “unha das pólas da industria cultural de máis éxito na actualidade”. A través desta formación, os escolares terán a oportunidade de crearen o seu propio produto gamer.

Por outra banda, aprenderán sobre os perigos derivados dun uso non axeitado das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (as TIC) dunha forma amena a través da historia dos videoxogos.

Esta semana o programa visitará CEIP Ana María Diéguez de Asados, e a vindeira semana, a partir do 12 de maio, será a quenda do CEP Brea Segade de Taragoña.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Igualdad vs desigualdad” – Manuel Domínguez

“Igualdad vs desigualdad” – Manuel Domínguez

Siempre que hablamos de desigualdades, nos referimos al plano económico, nunca social, cultural o artístico. Aunque hoy la pobreza, es un tema presente, hay que decir que hemos evolucionado mucho, muchísimo hace  dos siglos o uno, los niños de 10 años, a causa de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.