O Concello de Rianxo habilita un novo espazo de estudo para a mocidade local que prepara as probas da PAU

26 Maio 2025

O Concello de Rianxo, co obxectivo de axudar ao alumnado local a desfrutar de espazos axeitados para o seu estudo, con vistas a preparar as probas da PAU (Proba de Acceso á Universidade) nesta recta final previa á celebración das mesmas, habilitou unha sala de estudo específica en dependencias municipais e co fin de “non saturar a actual sala de estudo”, que está situada no primeiro andar da Aula Activa do Mar. Así, entre o sábado 24 de maio e o xoves 5 de xuño disporase unha estancia no Auditorio de Rianxo (1º andar) en horario de tarde co seguinte horario:

Luns: de 8:30 a 14:30 horas.

De martes a venres: de 9:00 a 20:40 horas.

Sábados: de 10:15 a 12:45 e de 16:45 a 20:45 horas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.