O Concello de Outes impulsa unha nova edición do seu Campamento de Verán (Outes Concilia)

13 Maio 2025

O Concello de Outes impulsa esta tempada estival unha nova edición do seu Campamento de Verán (Programa Outes Concilia), destinado a facilitar que as familias harmonicen a vida laboral e o tempo de lecer. Levarase a cabo durante as vacacións de verán, dende o 23 de xuño, día seguinte ao remate do curso escolar 2024-2025 ata o día anterior ao inicio do curso escolar 2025-2026, podendo as familias elixir as quendas que precisen.

O campamento desenvolverase nas instalacións do edificio do antigo colexio do Cruceiro de Roo en horario de 8:00 a 16:00 horas. As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades permitindo a entrada e saída flexíbeis. Para un bo desenvolvemento das actividades programadas, recoméndase a aquelas familias quen non vaian a facer uso do horario completo do campamento, incorporarse ao mesmo sobre ás 10:00 h. e saída a partir das 13:30 h. Os menores teñen opción de almorzar e xantar no mesmo, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos, en termos e neveiras.

As actividades que se programan para o campamento están adaptadas á idade dos nenos e nenas podendo gozar de numerosos xogos como os tradicionais, da natureza, predeportivos,…, habendo tamén saídas a parques, traballos manuais…

Está dirixido ás familias con menores de 3 anos (escolarizados) a 16 anos. As prazas son limitadas. As quendas 1ª e 6º veñen con 40 prazas e as quendas 2ª, 3ª, 4ª e 5ª con 60.

O prazo para o campamento de verán rematou este luns 12 de maio ás 14:00 horas. As persoas interesadas poden enviar igualmente as solicitudes de inscrición fora de prazo, xa que se atenderá ás mesmas segundo haxa vacantes nas prazas solicitadas, quedando nun listado de agarda en caso contrario.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.